9 de xul. de 2019

O ROSAL

REUNIÓN COA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN SAN XEROME  
 
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís co director do Centro San Xerome e directivas da Asociación San Xerome
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do Concello do Rosal, fixo público que "o pasado luns, día 8 de xullo a  directiva da Asociación San Xerome reuniuse coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, para expoñer os traballos que realizan no noso concello, xa que sempre apoiamos a institución dende os seus inicios. Tanto nas labores de mantemento de xardíns, apoio nos campionatos, aportacións económicas e participación presencial nas actividades que organiza a asociación.   

 Neste momento O Rosal consta con 14 usuarios/as en diferentes unidades educativas, ocupacionais e laborais e dende o Concello do Rosal seguiremos apoiando as iniciativas e colaborando en todo o que sexa posible".

Ningún comentario:

Publicar un comentario