9 de xul. de 2019

O ROSAL

A VECIÑANZA CONTA  



 Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís fixo público á seguinte información:

 "Hoxe comezamos cun proxecto que durará varios meses. Chámase A VECIÑANZA CONTA. 

 Para nós é fundamental fomentar e practicar a participación vecinal. A veciñanza conta porque queremos que sume no proxecto do Rosal e porque de cara a mellorar pouco a pouco o noso pobo e planificar os orzamentos cremos que é preciso escoitar cales son as cuestións e necesidades que temos que priorizar na xestión dos recursos. 

 Por iso hoxe mesmo comezamos cunha rolda de reunión coas asociacións do noso pobo coa finalidade de construír entre todos e todas o futuro do Rosal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario