#AVeciñanzaConta
REUNIÓN COA DIRECTIVA DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS
A alcaldesa e o concelleiro de Deportes do Concello do Rosal, na reunión co patrocinador e directivos do Acanor Atlético Novás
Foto: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside á alcaldesa Ánxela Fernández Callís ven de comunicar que "dentro do programa #AVeciñanzaConta, onte celebrouse unha reunión coa directiva do clube Acanor Atlético Novás de balonmán.
Nesta xuntanza na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano.
O Acanor Atlético Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do clube coa canteira de rapaces e rapazas de idades moi novas é fundamental. Decenas de nenos e nenas do Rosal e concellos limítrofes xogan nas escolas deportivas e nos equipos base, con idades que abarcan dende os 4-5 anos ata os equipos de adultos que xogan en categoría de división honra de prata nacional.
Escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario