9 de xul. de 2019

O BAIXO MIÑO

O AECT RIO MINHO COLABORA CO IKFEM 2019, NA SÚA EDICIÓN MÁIS EXTENSA E CON MAIOR NÚMERO DE PROPOSTAS CULTURAIS  

Uxío Benítez asegurou que desde o Agrupamento vanse seguir apoiando todas as iniciativas culturais que se desenvolvan no territorio, cos fondos que hai e loitando por conseguir máis 


O deputado provincial e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez - 1º pola esq. -, participou esta mañá, no Parador de Tui na presentación da sétima edición do festival de música IKFEM 
Foto: D. PO.
Infogauda / O Baixo Miño

 O deputado provincial e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou esta mañá, no Parador de Tui na presentación da sétima edición do festival de música IKFEM, coa que o Agrupamento Europeo colabora cunha axuda de 15.000 euros. No acto estivo presente a directora do festival, Andrea González, acompañada tamén polo presidente de Câmara Municipal de Caminha, Jorge Mendes, a concelleira de cultura de Tui, Sonsoles Vicente e o director do AECT Galiza Norte de Portugal, Xosé Lago.  

 Uxío Benítez explicou que esta colaboración enmárcase dentro das accións de apoio á cultura transfronteiriza do proxecto de cooperación europea Smart Minho, a través da cal se puxo en marcha a iniciativa “Concertos no Río Miño”, preámbulo do IKFEM 2019. Benítez asegurou que "desde o Agrupamento vanse seguir apoiando todas as iniciativas culturais que se desenvolvan no territorio, cos fondos que hai e loitando por conseguir máis".   

 Os Concertos no Río Minho comezarán o domingo 14 de xullo, con Mini Mozart ás 21:30 h. en Goián (Espazo Fortaleza), para público infantil, e o espectáculo “Voar a seis mans”, unha colaboración de Susana Seivane, Abe Rábade e Víctor Prieto, en Vila Nova de Cerveira (Jardins do Aquamuseu), ás 23.00 h. galegas.  

Smart Minho  

 Xunto co AETC Rio Minho, son socios do proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Smart Minho, a Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e a Fundación Centro de Estudios Euro Rexionais Galiza – Norte de Portugal. 

 Smart Minho está está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e conta cun orzamento total de 942.022,47 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario