5 de xul. de 2019

FORMACIÓN

Oia acolle a actividade formativa: “Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo”  

A iniciativa enmárcase dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego”, desenvolvido conxuntamente polos concellos de O Rosal e Oia  


Infogauda / Oia

 O centro sociocultural de Pedornes acollerá o venres 12 de xullo unha píldora formativa que se desenvolverá baixo o título “Como enfrontarse a procesos de selección distintos: as dinámicas de grupo”.  

 A actividade terá lugar en horario de 10.00 a 12.30 horas e está aberta ao público en xeral, polo que non require inscrición previa.  

Rumbo ao Emprego  

 Esta sesión informativa enmárcase dentro do proxecto “Rumbo ao Emprego” que os concellos do Rosal e Oia veñen desenvolvendo conxuntamente desde o mes de abril.  

 “Rumbo ao Emprego” inclúe formación, prácticas en empresas, orientación e acompañamento individualizado para a procura de traballo. Esta iniciativa conta co financiamento da Deputación de Pontevedra dentro da liña 2 do Plan Concellos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario