O MAR DA GUARDA É UN MAR DE POETAS
O porto de A Guarda acolleu ás embarcacións participantes no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, un evento que xerou unha grata dinámica na vila mariñeira
Fotos: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Nos tempos prehistóricos, varios séculos antes
de existir como tal a Gallaecia, as novidades culturais chegaban onda nós por vía marítima e desde “o
noso mar” entraban terra adentro polos esteiros dos cursos fluviais ata onde
estes eran navegables.
Daquela, na práctica, os nosos devanceiros atopábanse mais preto de pobos do territorio fenicio, situado no Oriente próximo, na costa mediterránea, que do centro da meseta ibérica. A condición periférica do noso país, considerado nos tempos antigos o Finis Terrae – o fin da Terra - e as deficientes ou nalgúns casos inexistentes, vías de comunicación interiores, facían realidade esta paradoxa.
Daquela, na práctica, os nosos devanceiros atopábanse mais preto de pobos do territorio fenicio, situado no Oriente próximo, na costa mediterránea, que do centro da meseta ibérica. A condición periférica do noso país, considerado nos tempos antigos o Finis Terrae – o fin da Terra - e as deficientes ou nalgúns casos inexistentes, vías de comunicación interiores, facían realidade esta paradoxa.
Polo mar, mediante as rutas comerciais que
aquelas xentes pioneiras estableceron, chegounos o influxo dunha civilización
fenicio-púnica, como ténse acreditado no poli-xacemento arqueolóxico do Monte Santa
Trega, pola presenza de materiais desa procedencia.
De terras situadas no Leste mediterráneo, tan
lonxanas e a vez tan próximas a nós – dito sexa en sentido figurado, evidentemente –
chegounos á épica homérica recollida na Ilíada e na Odisea.
Moitos
séculos despois, en 1752, Luis de Camôes, publicou Os Lusíadas, obra mestra
da literatura portuguesa, que nos relata en clave poética, a epopeia náutica do
pobo lusitano. Deste xeito, unha vez máis, a lírica está inspirada na
navegación e os protagonistas foron os seres humanos máis decididos.
Xa máis
preto no tempo, evocamos ao poeta rianxeiro Manuel Antonio, e seu vencello co
pobo de A Guarda, pola súa condición de tripulante do pailebote “Constantino Candeira”, a bordo do cal,
nas súas vixilias de mariño, creou seu poemario “De catro a catro”.
E falando do mar, queremos relembrar tamén a Feliciano
Rolán Vicente, de quen seu amigo Federico García Lorca, na homenaxe o poeta
autor do libro “De mar a mar”, en 1935 dixo:
“La angustia de Feliciano Rolán nos va
llenando cada vez con más intensidad, a medida que su cuerpo se va disolviendo
entre los brazos definitivos de nuestra madre la tierra.
Yo he visto noticia de su muerte escrita con
sangre blanca sobre las hierbas de Galicia, por donde bogarán ahora sus zapatos
de poeta ahogado en niebla y apretada espuma.
“De mar a mar” hemos oído una voz pura cuyas
últimas sílabas son ya secreto del agua. “De mar a mar” hemos visto huir un cuerpo que llevaba un
tesoro para la muerte”.
Así
sentía Federico García Lorca o prematuro pasamento de Feliciano Rolán Vicente.
O mar, as
embarcacions tradicionais como a gamela ou o carocho do río Miño,..., foron,
entre outros, motivo de inspiración para noso inesquencible amigo Eliseo Alonso
Rodríguez, a quen desde eiquí, queremos relembrar públicamente, e decir – unha vez máis - que A Guarda ten
pendente unha débeda de gratitude co escritor, etnógrafo, poeta e xornalista
goianés.
Recoñecemento que agás o tributado pola
Agrupación Cultural Guardesa, co gallo da celebración, en 1991, do Día das
Letras Galegas, ainda non logramos que a institución municipal, e decir o
Concello guardés, acordase levar a bo termo unha homenaxe póstuma, a pesares de
haberllo dito en varias ocasions, ben persoalmente ou nos medios de
comunicación e mesmo por rexistro de entrada no Concello; aos alcaldes que
temos tido nesta localidade desde 1996 ata hoxendía.
E
por iso, eiquí neste xornal dixital transfronteirizo, avisamos a quen corresponda: non imos parar ata
conquerir que Eliseo Alonso teña na vila de A Guarda, unha mostra de público agradecemento
o seu labor a prol da cultura marítima, entre outras facetas da súa ampla achega
literaria, etnográfica e xornalística.
Do mar, da xente que traballa nese medio, e
que as veces, remata sendo seu sartego, escrebeu o poeta Xosé Carlos Gómez
Alfaro, con quen tivemos oportunidade de compartir gratos e irrepetibles
momentos, que serían moitos máis se a parca non hubera tido tanta presa por
arrincárnolo da súa “Guarda amada”.
De Xosé Carlos Gómez Alfaro, e do seu libro “Matria
da néboa”, extraemos o poema titulado “Mar infame”, que o autor ribeirao adicou “a tódalas viuvas do mar da Guarda”.
Cala ti, minotauro
das ondas e dos sales
deus da vida e da morte,
satán das tempestades.
Cala ti, Poseidón,
Neptuno ingobernable,
peixe-espada asasino
ou tiburón infame.
Cala, sí, vil tridente,
sanguesuga insaciable,
faraón dos abismos,
correúdo rumiante.
Cala e durme, meu mar,
e non zugues máis sangue,
e non segues máis lúas,
nin máis bágoas arranques.
Cala e non rosmes, durme,
que ben redes rachades
e tinguiches de tebras
A Guarda cos teus lances.
Cata ti, minotauro,
cabalo de soidades,
e de esperanzas vivo.
¡Cala e devala, infame!
Cala ti, minotauro
das ondas e dos sales
deus da vida e da morte,
satán das tempestades.
Cala ti, Poseidón,
Neptuno ingobernable,
peixe-espada asasino
ou tiburón infame.
Cala, sí, vil tridente,
sanguesuga insaciable,
faraón dos abismos,
correúdo rumiante.
Cala e durme, meu mar,
e non zugues máis sangue,
e non segues máis lúas,
nin máis bágoas arranques.
Cala e non rosmes, durme,
que ben redes rachades
e tinguiches de tebras
A Guarda cos teus lances.
Cata ti, minotauro,
cabalo de soidades,
e de esperanzas vivo.
¡Cala e devala, infame!
No mar, nas xentes vencelladas ao mar, na mitoloxía
mariña, na navegación,..., en todo ese mundo de traballo nun medio acuático que
nos provee de peixes, que nos asombra cos grandes mamíferos mariños e que nos fascina
con todas as criaturas que o poboan, e que conviven en desigualdade – non sabemos ata cando – nunha agonía xa
cronificada, con millóns de toneladas de lixo plástico e de criminais verquidos contaminantes.
No mar, decimos, inspiráronse ao longo das
centurias, os poetas.
E non somentes niso, senón na paisaxe mariña,
que sendo patrimonio de todos, non sempre atinamos na súa protección.
Diso, precisamente, escribiu a poeta guardesa
Chuny Vázquez Vicente. Fíxoo en castelán, que é súa língua materna, e que nós
imos respectar:
Seu poema titúlase: “Llegó la hora del sacrificio”
La cólera de tus bravas aguas
se expansiona enloquecida
sobre el áspero cimiento
del recién nacido paseo marítimo guardés.
Ya no existe el rostro
de aquel entrañable puerto marinero;
cambiaron tu escenario
y te sientes herido, desorientado, vencido.
Para salvar tu dignidad
te asocias secretamente
a los errantes vendavales
con la única intención de destronar al enemigo.
Sueltas tus cabellos de espuma
y vuelas con aire de atleta
hasta adentrarte valientemente por las rendijas
de cada inoportuno obstáculo.
Avanzas confiado en tu poder
hasta llegar al borde de alguna casa;
allí reconoces que el bienestar
del ser humano es importante.
Reconoces que el sol continuará calentando
tus aguas, el asfalto, las piedras;
que la luna democráticamente también
vigila todos los sueños.
Tu lucha fue intensamente larga y a muerte;
pero sabes que no puedes con el futuro,
que te llegó la hora del sacrificio,
no mirando hacia atrás y dejando continuar la vida.
La cólera de tus bravas aguas
se expansiona enloquecida
sobre el áspero cimiento
del recién nacido paseo marítimo guardés.
Ya no existe el rostro
de aquel entrañable puerto marinero;
cambiaron tu escenario
y te sientes herido, desorientado, vencido.
Para salvar tu dignidad
te asocias secretamente
a los errantes vendavales
con la única intención de destronar al enemigo.
Sueltas tus cabellos de espuma
y vuelas con aire de atleta
hasta adentrarte valientemente por las rendijas
de cada inoportuno obstáculo.
Avanzas confiado en tu poder
hasta llegar al borde de alguna casa;
allí reconoces que el bienestar
del ser humano es importante.
Reconoces que el sol continuará calentando
tus aguas, el asfalto, las piedras;
que la luna democráticamente también
vigila todos los sueños.
Tu lucha fue intensamente larga y a muerte;
pero sabes que no puedes con el futuro,
que te llegó la hora del sacrificio,
no mirando hacia atrás y dejando continuar la vida.
Así,
como un fedatario público, ainda que non suxeita a ningún protocolo, Chuny
Vázquez poemou a construcción do paseo
marítimo, que foi feito sen que por parte da Administración pública se tivese en conta nin a memoria nin a sabiduría do pobo, e por suposto sen ningún criterio conservacionista. Que enterrou non soio a maior parte da orla litoral que vai desde A
Ribeira – tamén finiquitada – ata Punta Xenete, senón a riqueza talasonímica
que de xeito oral nos legaran nosos devanceiros.
As voces dos poetas deixan negro sobre branco moitas
cousas do noso día a día. Que non saen nos telexornais, polo que non hai ese
impacto mediático que ás veces, por momentos, fainos sair do letargo
acomodaticio dos nosos espazos de confort domésticos.
O presidente e o secretario da Asociación Piueiro cos coordinadores da mostra pictórico-poética e varios poetas participantes, ao remate da presentación da publicación e do recital
Vista parcial do público que asistiu ao recital poético
As achegas dos poetas foron, e ségueno sendo,
moi necesarias. Por iso, desde eiquí saudamos que os organizadores do XIV
Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, fixeran un oco na súa
ampla programación para que tivésemos oportunidade de escoitar - e de ler - as voces e as escritas de poetas como María José Areal, Diamantino Vale Costa, Zinha Carvalho, Aurelino Costa, Adelaide Graça e Benedita Stingl, chegados desde o fraterno Portugal; e de Eliseo Alonso (In memoriam), Joaquín Cadilla Castro, Mariña Pérez Rei, Xosé María Álvarez Cáccamo, Marga do Val, Ramón Caride, Ana Romaní e Francisco Álvarez "Koki", de Galicia.
Dese xeito varias voces de poetas galegos e portugueses soaron no Pavillón do Patrimonio do Reghiño, habilitado temporalmente para as xornadas do XIV
Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, en diálogo de irmandade coas obras de artistas plásticos como Emilio Baz Pacheco, Rosabell González Martins, Gemma Marqués Redondo, Antonio Martínez Martínez "Cachi", Ignacio Martínez Rodríguez (Naa), Rosa Portela Moreira, Charo Trigo Vicente, Chuny Vázquez Vicente, Alfonso Vicente Rey, Delia Rodríguez Vilavedra e Mónica Taboada "Puntal".
O grupo Deixa Andar brindou súa mellor música instrumental
E dese encontro pictórico e poético, amenizado polo grupo Deixa Andar, formado por músicos guardeses e rosaleiros, que interpretaron pezas de varios autores galegos - entre eles dos irmáns Flores, do Rosal -, ademáis de obras populares; enmarcado no XIV
Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que do 11 ao 14 deste mes de xullo de 2019, acolleu de xeito entusiasta a vila mariñeira de A Guarda; quedounos como testemuña Río Mar poesía, unha publicación editada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, coordinada por Francisco Álvarez Álvarez "Koki" e por Antonio Martínez Martínez "Cachi", e maquetada por Mª Dolores Estévez.
Todo iso, e moitas actividades máis que desenvolvéronse ao longo de varios días, xeraron unha grata dinámica en todo o pobo. E fixeron que a cidadanía guardesa e visitantes vivísemos intensamente, cecais máis que nunca ata agora, preto do mar da Guarda, que é un mar de poetas.




Ningún comentario:
Publicar un comentario