19 de xul. de 2019

A GUARDA

Renovación da xunta directiva

MARÍA GLORIA GONZÁLEZ GONZÁLEZ, NOVA PRESIDENTA DO CLUB DA TERCEIRA IDADE E PENSIONISTAS DE A GUARDA

Sede social do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda
Foto: Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda


Ricardo Rodríguez Vicente/ A Guarda

 O Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda ven de celebrar unha asemblea xeral extraordinaria, no decurso da cal foi elexida unha nova xunta directiva que está formada polas seguintes persoas:

· Presidenta: María Gloria González González.
· Vicepresidenta: Isabel Martínez Martínez.
· Tesoreiro: Franz Anton Krieg.
· Secretario: Ramón Moiño Campos.
· Vogais: Salustiano Saavedra Lamas, María José Vicente Freitas, Ángela Martínez Vicente e Josefina Rodríguez Pérez.

  O Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda - constituído o 17 de agosto de 1991, e que conta hoxendía con 325 asociados, que abonan unha cuota de 12,00 euros anuais -, desenvolve diversas actividades (cursos, excursións, xantar de Nadal,...) ao longo do ano, ademáis de ter en activo unha coral polifónica - que xurdiu en 1992 - e un grupo de gaitas - fundado en 1995 - que levan moi alto o nome do club por todos os lugares onde van actuar.

 Calquer persoa que sexa pensionista en calquera das modalidades, ou mesmo sen ter esa condición está encadradado na categoría de persoas maiores, pode solicitar súa alta como asociado. Para iso, ás persoas interesadas deben dirixirse as oficinas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, cuxa sede social (dotada de cafetería, salón social e oficinas) está na Praza de San Bieito, nº 10  - 3º (A Guarda). O teléfono de contacto é: 986 610 369.

Ningún comentario:

Publicar un comentario