31 de xul. de 2019

A GUARDA

Carreiras Populares Festas do Monte Santa Trega, 2019

Celebraranse o sábado día 3 de agosto, a partires das 19:00 horas, desde á Alameda

Desde os máis noviños ata os adultos, todos os atletas teñen cabida nas Carreiras Populares Festas do Monte Santa Trega  
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A vila de A Guarda acollerá este sábado día 3 de agosto a partires das 19:00 horas, as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte Santa Trega, un evento deportivo organizado dende a Sociedade Atlética do Trega en colaboración coa Comisión de Festas e o Concello de A Guarda.  

 As Carreiras Populares das Festas do Monte Santa Trega congregan a centos de atletas, en varias categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100m para a categoría de pulgas e ata os 7.339m para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa Trega.  

 As inscricións están abertas ata o xoves 1 de agosto ás 23:59h a través da web www.laptime.es sendo posible ampliar máis información contactando no seguintes correos eléctricos: 

trega@trega.es 

inscricion.trega@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario