«Noites no Castelo» a cita ineludible que centrará esta fin de semana na vila
· Na que ademáis haberá exhibicións deportivas, danza, competicións, obradoiros, visitas guiadas, actividade medioambiental, festa dos avós,...
Infogauda / A Guarda
Esta fin de semana A Guarda contará na súa programación cunha nova edición de Noites no Castelo, unha das citas musicais de maior importancia, que terá lugar este sábado.
Ademáis desde o venres haberá numerosas actividades deportivas como a III Mostra C. D. Baixo Miño, La Guardia en Danza ou o Torneo 3x3 Vila da Guarda de Baloncesto ou o Torneo de Fútbol 7.
Programación
VENRES 19:
Este venres, de 10:00 a 13:00h, a Fortaleza de Santa Cruz acollerá un obradoiro gratuíto especificamente destinado a mozos e mozas da Guarda de 12 anos en diante e que terá como lema «WATER». Trátase dunha actividade de experimentación científica relacionada coa auga.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico do Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa.
Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
Tamén este venres, ás 21:30 horas, no Estadio Municipal A Sangriña, terá lugar a III Mostra C. D. Baixo Miño. Haberá exhibicións de judo, hip-hop, baile moderno e zumba.
A entrada é de balde.
SÁBADO 20:
Este sábado, ás 20:30 horas, no Auditorio ao aire libre San Bieito, nova edición de "La Guardia en danza", un evento organizado polo Ximnasio Do-Majó, coa participación de grupos do Baixo Miño e de Vigo, que farán exhibicións de baile moderno, hip-hop,..
Por outra banda, a partires das 22:00h celebrarase unha nova edición de Noites no Castelo. Un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello de A Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais AGADIC e o Xacobeo 2021.
Nesta quinta edición contarase coas actuacións dos grupos Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música, un ano máis, este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
O Festival Noites no Castelo consolídase coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello de A Guarda, habendo pasado polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.
O Club de Tenis Codesal acollerá este sábado a 5ª edición do Torneo 3x3 de Baloncesto “Vila da Guarda”, organizado polo Baixo Miño Basket.
Nesta edición, que dará comezo ás 10:00h, o equipo guardés organiza unha xornada practicando baloncesto e desfrutando das instalacións do club de tenis na beira do río Miño contando coa participación dun total de 12 equipos do sur de Pontevedra, xogando a fase final pola tarde.
Tamén este sábado o Estadio Municipal da Sangriña acollerá o X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda, que arrancará ás 15:30h da tarde e que continuará na xornada do domingo.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa.
Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.
DOMINGO 21:
Este domingo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais "O Buxeiro" organiza unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. O punto de reunión será a Alameda da vila ás 8:00h da mañá, onde se repartirán guantes e bolsas e se explicará como será o funcionamento desta actividade, para a que non é preciso inscrición previa.
O Estadio Municipal da Sangriña acollerá nesta xornada as finais do X Torneo de Futbol 7 Vila da Guarda en horario de mañá.
A partires das 17:00h deste domingo a carpa do porto da Guarda acollerá a celebración da Festa do Avó, organizada polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, con colaboración do Concello.
Participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda. Como en edicións precedentes o evento estará presentado por D. Jesús García Villadóniga. No decurso do mesmo faráse tamén unha homenaxe a Alicia González, de 96 anos de idade.
Como é a festa dos nosos maiores, haberá rosca e sidra para todos.
Participarán a Coral e o Grupo de Gaitas do Clube da Terceira Idade da Guarda. Como en edicións precedentes o evento estará presentado por D. Jesús García Villadóniga. No decurso do mesmo faráse tamén unha homenaxe a Alicia González, de 96 anos de idade.
Como é a festa dos nosos maiores, haberá rosca e sidra para todos.








Ningún comentario:
Publicar un comentario