5 de xul. de 2019

A GUARDA


O VOLANTEIRO "PIUEIRO" XA ESTÁ NO MUELLE ALTO

Agardando pola frota que participará no XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia
 O volanteiro "Piueiro" xa está no Muelle Alto
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Cando estamos a menos dunha semana para dar comezo o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, podemos decir que este venres día 5 de xullo de 2019 foi un día histórico para o patrimonio marítimo de A Guarda. Decimos histórico, e non esaxeramos, porque a primeira embarcación que vai participar nese evento xa está fondeada no porto de A Guarda. E o domingo está previsto que chegue o convoi de barcos que zarparán desde ás Illas Cíes rumbo á Guarda. Pero ademáis, esta data - a deste venres - é histórica, porque despois de máis de un século dende súa desaparición na frota pesqueira do porto de A Guarda, un volanteiro - o "Piueiro" - chegou para quedarse, como embarcación que a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, desta localidade, decidiu recuperar e facer dela á protagonista indiscutible do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar no porto de A Guarda do 11 ao 14 deste mes.


Esta é a primeira embarcación que chegou para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Foto: Piueiro

 Por motivos de tipo administrativo e mesmo técnicos, que están, polo de agora, pendentes de solventar, a chegada do volanteiro "Piueiro" foi por terra. E o que pode semellar unha anomalía, non foi tal, toda vez que era algo que estaba previsto por la Asociación Piueiro. E podemos afirmar que a embarcación foi recibida pola veciñanza de A Guarda e mesmo polos visitantes, con moita ledicia. Non en balde, nese volanteiro están concentradas as ilusións de todas aquelas persoas que desde o minuto 1 puxeron toda súa vontade e todo seu traballo coordinado, para que A Guarda fose sede do XIV Encontro de Embarcacions Tradicionais de Galicia. Un evento que semellaba estratosférico e inalcanzable, pero que todo ese gran equipo humano que lidera Joaquín Cadilla Castro, fixo posible que toda esa ilusión se esté facendo realidade cada día que pasa. E o mellor, que dúbida cabe, ainda está por vir. 

 Dese xeito, a cidadanía de A Guarda reafirma súa capacidade para asumir grandes retos e levalos a bó termo. O XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia é un deses grandes retos. É, ademais, todo un fito que vai ser un punto de inflexión na recuperación do patrimonio marítimo de Galicia. E A Guarda está demostrando que cando asume un reto, por difícil que sexa, cumple cos seus compromisos.

 Parabens a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro por todo canto leva feito, que é moito e moi positivo, para o patrimonio marítimo de A Guarda e de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario