6 de xul. de 2019

A GUARDA

XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira no porto de A Guarda

Gran afluencia de comensais no arranque deste acreditado evento gastronómico


Vista parcial da Praza do Reló, durante á intervención de Moncho Borrajo como pregoeiro da XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 A Guarda acolle esta fin de semana a XXIX edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, un evento gastronómico que congrega a milleiros de persoas no porto da Guarda e no que se poden degustar ademais moitos pratos da cociña mariñeira xa que conta con 24 pratos encabezados pola langosta, que ten un prezo de 25€.   

 Percebes, calamares, croquetas, empanadas, navallas, polbo, entre outros, fan que a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira sexa totalmente inclusiva e apta para todas as economías

 E para a sobremesa a Rosca de Xema Guardesa, acompañada tamén dos bos viños da D.O Rías Baixas, subzona do Rosal.  

  Onte venres 5 de xullo ás arrancou na Praza do Reló a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contando cun pregoeiro de gran prestixio como Moncho Borrajo. Actor, humorista, pintor e showman nado en Ourense, foi o encargado de por o toque de humor nesta primeira xornada desta festa gastronómica coa lectura do pregón. 

 Tralo pregón a festa trasladouse ao porto da Guarda onde na explanada do Portiño Novo está ubicada unha gran carpa con capacidade para acoller unha gran afluencia de comensais. que nesa primeira xornada de exaltación gastronómica disfrutaron da gastronomía guardesa.   


Moncho Borrajo - a dereita da imaxe - durante súa actuación no palco da gran carpa onde desenvólvese a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 

  Arredor das 22:30 h., o recoñecido cómico, Moncho Borrajo realizou a súa actuación ante o público da carpa presentando seu espectáculo “BORRAJO PERDIDO”. Monólogo cheo de historia, humor, tenrura e un pouco de retranca galega interactuando co público. Amosando porque él é o rei da improvisación.  

 Para rematar esta primeira xornada da XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrouse un Serán Mariñeiro con grupos de música tradicional. 

 Na xornada dste sábado día 6 de xullo, en horario matutino, o grupo O Trebón dos Xidos será o encargado da amenización musical xunto co grupo pop Os nenos rebeldes. E pola tarde haberá inchables acuáticos para os máis cativos e a festa continuará co espectáculo de maxia de Rivel e a actuación do actor galego Luís Zahera co seu espectáculo «Chungo». 

 Luís Zahera é un recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. Moitos galegos lembrámolo no persoaxe de “Petróleo” en Mareas vivas.  

 A xornada do sábado rematará coa actuación musical de Vudu, unha proposta musical que mistura sons tradicionais con blues e soul. Belém Trajes, ex vocalista de Luar na Lubre, e Maritxinha, son as voces deste grupo recoñecido como unha das propostas máis representativas do talento feminino no ámbito da música galega actual.

  E o domingo continúa a XXIX Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira con varias actividades, entre elas a denominada Noite de Fados coa actuación de Os Meninos, nova proposta chegada dende Galicia cun claro ollar ao país veciño. É o idioma e a riqueza musical que ofrece este país a base a respecto da cal, Os Meninos desenvolven toda a sua creatividade e sensibilidade. Tradición e modernidade, o fado e o jazz, o flamenco, o tango ou o reggea, danse a man para colorear creacións propias e cancións da música portuguesa.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario