1 de xul. de 2019

A GUARDA

Visitas guiadas ao Monte Santa Trega 

Nos meses de xullo, agosto e setembro


Infogauda / A Guarda

 Ao igual que en anos anteriores coa chegada da tempada de verán, o Padroado Municipal Monte Santa Trega organiza visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo o patrimonio e a historia do Monte Santa Trega. 

 As visitas guiadas realizaranse os martes, xoves, venres e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro ás 11:30, 12:30 e 17:00 horas. 

 Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico e terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5O€ para menores de 14 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario