13 de xuño de 2019

TORROÑA (OIA)

Torroña acollerá o Primeiro Encontro da Terceira Idade

O domingo día 16 de xuño, a partir das 17:00 horas    

Infogauda / Oia

 As Escolas de Torroña acollerán o próximo domingo o Primeiro Encontro da Terceira Idade, cunha programación de actividades de lecer que se desenvolverá a partir das 17:00 horas.  

 A programación festiva contará cos espectáculos do cuarteto Rock Q’Mola (17:30 horas) e dun pinchadiscos que amenizará a tarde con cancións de baile. A continuación celebrarase un concurso de postres e, entre as persoas que presenten os seus doces ao certame, sortearase un agasallo.  

 Esta actividade está organizada polo Concello de Oia en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Oia.   

 A iniciativa desenvólvese como continuación do labor do Concello en colaboración coa Cruz Vermella Baixo Miño en materia de actividades  destinadas á terceira idade; tales como os cursos de estimulación da memoria, de envellecemento activo e de ximnasia, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario