21 de xuño de 2019

TOMIÑO

“Vontade” organiza un festival solidario e MasterClass Dance Aerobic

O próximo sábado 29 de xuño, ás cinco da tarde, no Pavillón da Carballa 

As persoas que asistan terán que doar 5 euros, co que participarán nun sorteo, e as menores de 8 anos, entrarán de balde 

 Infogauda / Tomiño

 A Asociación de Persoas con Discapacidade “Vontade”, coa colaboración do Concello de Tomiño e outras entidades, organiza un festival solidario e unha Master Class Dance Aerobic, o próximo sábado 29 de xuño ás cinco da tarde, no Pavillón da Carballa (Tomiño).  

 A clase de danza aeróbica estará a cargo do experto Vladimir Stoujinski comezando logo as actuacións de: “Salito” (guitarra flamenca); Zumba Stars; Grupo de Baile Xamaraina; Grupo de Gaitas Treboada Baixo Miño, e unha actuación sorpresa.  

 As persoas que asistan terán que doar 5 euros, co que participarán nun sorteo, e as menores de 8 anos, entrarán de balde. O diñeiro recadado irá destinado a sufragar os gastos da asociación, que presta servizo en toda a comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario