Tomiño e Cerveira celebran a súa 2ª andaina saudable
A proba, de dificultade moderada, será o domingo 16 de xuño e transcorrerá por terras de ambas as localidades. Servirá para conmemorar os 15 anos de apertura da ponte internacional
Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira
En conmemoración dos 15 anos da apertura da Ponte Internacional da Amizade, entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, a Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza a II Andaina do mesmo nome, o domingo 16 de xuño de 2019.
A proba terá unha duración estimada de 2.30h e transcorrerá por terras de ambas as localidades transfronteirizas. Cunha dificultade media-baixa, sairá ás 10.00h (hora galega) desde o Espazo Fortaleza de Goián, para seguir por Eiras, Ponte da Amizade, Lenta e INATEL, e regresar polo Ponte da Amizade ao Espazo Fortaleza outra vez.
A inscrición é de balde. Só hai que enviar nome e apelidos, número de DNI, data de nacemento e teléfono ao seguinte correo electrónico: geral.manos.sa@gmail.com, antes do 13 de xuño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario