21 de xuño de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

CULTURA MARÍTIMA

XIV ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS DE GALICIA

· Será presentado este sábado no Museo do Pobo Galego


Mar Bermúdez / Santiago de Compostela
 
 O Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos s/nº, en Santiago de Compostela) acollerá mañá sábado, ás 12:00 horas, a presentación oficial do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano ten como escenario o pobo da Guarda. 

 O acto contará coa intervención do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez,  e a conselleira do Mar, Rosa Quintana. 

 Este ano o Encontro presenta importantes novidades como a baixada das embarcacións do norte ata A Guarda, con parada nas Illas Cies, nun convoi custodiado polo remolcador Sebastián Ocampo e que será  inmortalizado nun vídeo.  

Evento: Presentación do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 

Día: Sábado, 22 de xuño de 2019 

Hora: 12:00 horas 

Lugar: Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario