Teatro en Pedornes
Este venres, 21 de xuño, ás 20:00 h no Centro Cultural de Pedornes
O grupo “Teatro do Ar” de Nigrán representa a obra de Pedro Rodríguez Villar titulada “Distintas compañías” na parroquia de Pedornes (concello de Oia). A cita é para este venres, 21 de xuño, ás 20:00 h no Centro Cultural de Pedornes e está organizada pola Asociación Cultural “San Mamed” e a Asociación de Veciños “A Muruxeira”, ambas de Pedornes.
Agardámosvos!
“Distintas compañías” é unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas Fraguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.
Dous peregrinos chegan a Eiriña, unha aldea pequena que non sae en ningún mapa e onde viven preto de trinta veciños nun pequeno centro urbano entre leiras e bosques escuros. Perdidos preguntan ao párroco Muñoz, un cura sospeitoso que non sae da aldea desde fai vinte anos, por onde se vai a Santiago. Este non lles responde e inclúeos como parte dun ritual do máis estraño e perigoso.
“Distintas compañías” é unha comedia baseada nas lendas que Antonio Fraguas Fraguas, recolleu durante a súa vida de aldea en aldea.
Con esta historia Pedro Rodríguez pretende mostrar a forza das lendas e a tradición no rural galego. “Son parte da nosa identidade e temos que saber aprecialas como fonte de contos, teatro e todo o que queiramos”, explica o creador. Outro dos puntos interesantes da obra, ademais da súa chave de humor, consiste no contraste entre unha mocidade pegada as chamadas redes sociais e outra ás lendas de lareira.
“Teatro do Ar” é unha compañía de mozos entre 16 e 24 anos que se creou fai oito anos. Colaboran en proxectos de teatro social e xa recorreron gran parte de Galicia coas súas actuacións. Agora chegan por primeira vez a Pedornes (Oia) coa intención de “mostrar que o teatro tamén e cousa de mozos e mozas”.

Foto: “Teatro do Ar”

Ningún comentario:
Publicar un comentario