Charla informativa sobre prevención de roubos e timos
Este venres día 7 de xuño, ás 18:00 horas, na Casa Cultural de Pedornes
Infogauda / Pedornes (Oia)
A Casa Cultural de Pedornes acollerá o próximo venres 7 de xuño unha charla informativa sobre prevención de roubos e timos. A actividade desenvolverase a partir das 18:00 horas e é preciso inscribirse previamente.
A actividade será impartida pola Cruz Vermella do Baixo Miño e conta coa colaboración do Concello de Oia.
Para información e inscricións pódese contactar coa Cruz Vermella do Baixo Miño no número de teléfono 986 614 609 ou no enderezo electrónico:
laguardia@cruzroja.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario