26 de xuño de 2019

O ROSAL

REUNIÓN COA ASOCIACIÓN DE BODEGUEIROS DO ROSAL

Entre outros temas, falouse sobre as actividades que se desenvolverán na XXVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xullo
 

A alcaldesa do Rosal na reunión con membros da confraría de “Cabaqueiros do viño do Rosal”
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O executivo municipal do Concello do Rosal ven de facer público que onte tivo lugar no concello unha reunión entre a alcaldesa Ánxela Fernández Callís e a asociación de bodegueiros do Rosal que forman parte da confraría de “Cabaqueiros do viño do Rosal” composta polas seguintes adegas: Santiago Ruiz, Lagar de Fornelos, Quinta de Couselo, Pedregales, Aforado, Val Miñor, Gran Novás, Altos de Torona e Terras Gauda, todas pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas. 

 Nesta reunión, entre outros temas, falouse sobre  as actividades que se desenvolverán na XXVIII Feira do Viño do Rosal que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario