PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 10 AO VENRES 14 DE XUÑO DE 2019
Luns, 10
19:30 horas
A
Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación da novela
"HASTA LOS ANDARES", de Laura Orens, editada por Grupo TIerra Trivium, de xénero policiaco, que se desenvolve nun pequeno pobo
imaxinario da Costa da Morte no que calquera dos seus personaxes podería ter
motivos para ser o asasino.
O acto será presentado polo
escritor e guionista Juanjo Ramírez
Mascaró.
Xoves, 13
09:00 horas
II
SEGUNDO SEMINARIO do Programa Formativo MÁIS SOCIAL da Fundación
Barrié. Unha nova edición cuxo obxectivo segue sendo o apoiar o fortalecemento
das capacidades de xestión das entidades do Terceiro Sector social agora tamén
no ámbito nacional, coa participación dun total de 21 entidades,
confederacións, federacións, redes ou similar de ámbito nacional.
Este II Seminario leva por
título “COMO PREVIR E XESTIONAR OS CONFLITOS DENTRO DO TEU EQUIPO OU COS TEUS
GRUPOS DE INTERESE (USUARIOS, FAMILIAS,
FINANCIADORES, OUTRAS ENTIDADES,…)?”, será impartido por Pilar García de
Viedma (Professional
Certified Coach executivo e de
equipos, ICF) e terá unha duración de 5 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario