12 de xuño de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello continúa mellorando o patrimonio arquitectónico local 

Rematando unha actuación no camiño e o lavadoiro do Aloque   

  Fonte e lavadoiro do Aloque
Foto: C.A.G.
Infogauda / Camposancos
 
 O Concello de A Guarda ven de finalizar as obras do proxecto para a Mellora do Camiño e do Lavadoiro do Aloque no barrio de Saá, en Camposancos, un ben patrimonial enmarcado no Camiño Portugués da Costa. 

 Estas actuacións levaronse a cabo a través dunha subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural da Deputación de Pontevedra cun orzamento que ascendeu a 11.936,65€. 

 A fonte e lavadoiro do Aloque é un ben patrimonial da Guarda cunha antigüidade de como mínimo, un século, segundo a inscrición - 1918 - que figura no frontispicio da fonte lavadoiro. Un ben que se pon en valor cunha actuación específica para a súa recuperación e rehabilitación integral que consistíu na mellora do inicio do camiño do Aloque co camiño de Saá coa mellora deste acceso con escaleiras, a recuperación do solado co enlousado primitivo e orixinal deste camiño, a eliminación dos engadidos de morteiro alleos ao manancial e lavadoiro do Aloque, reconstrución de muros, reposición dos pavimentos, recuperación da pía, abrevadeiro e canles de condución de auga, entre outros. 

 Con esta intervención o Concello pretende manter e fomentar parte do patrimonio arquitectónico local, como son os lavadoiros, antigos puntos de traballo e sociabilización dos veciños e que ultimamente constitúe un lugar de paso obrigatorio para os peregrinos de todo o mundo que percorren o Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario