13 de xuño de 2019

A GUARDA

PALESTRA MEGALITISMO

O sábado 29 de xuño ás 11h30 no Centro Cultural da Guarda


Xuliva / A Guarda

 E aí vai a nosa segunda actividade, para os apasionados da historia a arqueoloxía e o noso pasado: "MEGALITISMO DO SUR DA GALIZA NO SEU CONTEXTO ATLÁNTICO". O sábado 29 de xuño ás 11h30 no Centro Cultural da Guarda.  

 Palestra na que contaremos con dous dos mellores coñecedores do megalitismo galego:  

📌 Antón A. Rodríguez Casal. Catedrático e profesor de prehistoria na USC. Quen nos fará unha introducción ao megalistismo e ao Neolítico en xeral.  

📌 E o guardés Miguel Carrero Pazos. Doutor en historia na USC. E que nos fará unha exposición concreta do sur da Galiza e norte de Portugal.  

 Ambo-los dous tentarán dar unha visión ampla e actualizada do que representa e representou o megalitismo no noso contexto atlántico. Xa que estas representan as primeiras modificacións da paisaxe feitas polo ser humano no noso territorio.  

 Asiste e difunde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario