17 de xuño de 2019

A GUARDA

O Mercado da Guarda acolleu unha charla informativa sobre hábitos saudables  


Sandra Baz - no centro da imaxe - impartiu a charla informativa dando a coñecer os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos 
Foto: C.A.G.

Infogauda /A Guarda

 O pasado sábado día 15 de xuño o Mercado da Guarda acolleu unha charla baixo o título «Familia, que comemos hoxe?» dirixida principalmente a familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia. 

 Os participantes aprenderon sobre os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos.  

 Nesta charla, impartida por Sandra Baz e que tivo unha duración aproximada de 90 minutos, empregouse a pirámide nutricional para saber as propiedades e beneficios dos alimentos, facendo despois un percorrido polos diferentes stands do Mercado para, xunto cos praceiros e praceiras, nas seccións de froitas e hortalizas, peixes e carnes.  

 Esta actividade estivo enmarcada na campaña de Dinamización comercial «Clic ao Mercado» para  atraer ao sector máis xove da cidadanía para que merque no Mercado da Guarda, e na que se inclúe tamén o sorteo de 5 bolsas de compra por importe de 70€, que axudará a que este segmento da poboación sinta interese e se achegue ata este espazo comercial, tan importante para a vila.

 Nova relacionada

Ningún comentario:

Publicar un comentario