17 de xuño de 2019

A GUARDA

CULTURA

Nova sesión de Contos Contados 

O vindeiro sábado día 22 de xuño, ás 11:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal 

 
Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal de A Guarda celebra o comezo do verán e o remate do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado  día 22 de xuño ás 11:30 horas.  

 Unha sesión "filipante" de contos para toda a familia. Historias tradicionais, música e humor. Tanto cativos como maiores poderán desfrutar, aprender, e reflexionar dende as súas distintas visións dos contos populares con Fran Campos, de Bandullo Azul, e a súa amiga Filipa. 

 Dende a Concellería de Cultura convidan novamente a participar nesta actividade na Biblioteca Pública Municipal da Guarda, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través de Pontegal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario