Campamento Urbano 2019
Novo prazo de inscricións
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde en funcions Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe que "por un erro no procedemento administrativo o Campamento Urbano 2019 ten que abrir un novo prazo para solicitar a inscrición. O prazo será dende o día 10 ata o día 17 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas (horario de rexistro) ou na sede electrónica do Concello da Guarda.
Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 a 14 horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O campamento ten o principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.
Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, cociña, inglés, actividades deportivas… pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente".
Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX da Guarda ou chamar ao 986 610 000.
As bases e o modelo de solicitude se poden descargar na web www.aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario