Novo horario de verán
O Concello da Guarda informa da modificación dos horarios do Museo do Mar e do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz, que pasan xa ao horario de verán ata o 15 setembro.
O novo horario destes dous museos, incluídos na Rede de Museos Municipal, será de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h os sábados, domingos e festivos.
Museo do Mar
O Museo do Mar atópase no Porto da Guarda, nunha atalaia ao final do paseo marítimo e conta con dúas coleccións: unha etnográfica, cunha mostra das antigas artes de pesca e os seus aparellos e outra malacolóxica, cunha selección de cunchas de mar procedentes de todo o mundo.
Unha parte do patrimonio inmaterial está recollido en vídeos editados polo Concello: “Xentes do mar”, “Lendas de mar”, “Mulleres do mar” e “Tesouros vivos”.
Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz
O Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronterizas.
Tasas de acceso:
•1 € adulto
•0,50 € menores de 14 anos
•Gratuíto o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos (18 de maio).
Ningún comentario:
Publicar un comentario