Interlude Fest
A segunda edición terá lugar este sábado día 29 de xuño, na Fortaleza de Santa Cruz
A Fortaleza de Santa Cruz da Guarda será novamente o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán dende as 11:00 horas con inchables e xogos para nenas/os, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00 horas arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxa, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00 da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario