Cos resultados obtidos, CIG-Saúde pasa de 6 a 7 delegadas e consolida a súa posición como forza máis votada en Atención Primaria, e tamén no Centro Integral de Saúde Taboada Leal e no Hospital Nicolás Peña.
Felicitamos a CCOO que nos superou en votos totais grazas aos seus excelentes resultados no Hospital do Meixoeiro.
CIG-Saúde reafírmase na necesidade dun sindicalismo forte que defenda non só os dereitos das traballadoras e traballadores, senón tamén os intereses das galegas e galegos e, para iso, comprométese a seguir combatendo a precariedade laboral, tanto do persoal fixo como do contratado, as taxas de reposición, os recortes impostos polo PP e a súa política de privatizacións.
CIG-Saúde comprometese a seguir traballando por unha solución global para toda a Atención Primaria para o que esixiremos ao Presidente da Xunta e ao Conselleiro de Sanidade que asuman as súas responsabilidades diante do fracaso das políticas sanitarias na área sanitaria de Vigo que nos trouxeron a esta situación.
Esixiremos da administración unha aposta decidida pola Atención Primaria da nosa área, con medidas que permitan a dignificación do traballo das e dos profesionais e unha atención de calidade á cidadanía. Vigo, 24 de maio de 2019
Manuel González Moreira,
secretario comarcal CIG-Saúde Vigo
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario