25 de maio de 2019

MADRID



PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 27 AO VENRES 31 DE MAIO DE 2019




Luns, 27

19:30 hora

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá, o Acto Conmemorativo do  XXV Aniversario de ASOMEGA, (Asociación de  Medicos Galegos en Madrid), no que se ofrecerá un breve balance dos aspectos máis destacados da súa traxectoria ao cumprir un cuarto de século, así como a conferencia “O camiño cara á Oncoloxía de precisión”, que pronunciará o Xefe de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitaria de Santiago de Compostela, o Dr. Rafael López López.

Aínda que o acto está reservado aos seus asociados, pódese acudir confirmando asistencia en asomega@viajeseci.es



Martes, 28

19:00 horas 
Xornada Empresarial da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA), “INTELIXENCIA ARTIFICIAL E BIG DATA APLICADOS AO  E-COMMERCE: Como seleccionar os produtos gañadores” na que se ofrecerán varios relatorios relacionados co tema a cargo de: José Luis  Martinez Arana, presidente de EMPRESARIO 2.0; Carlos Trujillo e Carolina Arroio, vendedores en  Amazon.

O acto está organizado para os asociados de  AEGAMA pero pódese asistir previa confirmación en: gerente@aegama.com


Mércores, 29

19:30 horas 
Presentación do libro "A obra  xornalística de José Gómez da Cova (Johan  Carballeira)", do xornalista e profesor da  UCM, Francisco Rodríguez Pastoriza, publicado por Edicións Laiovento, no que o autor recompila e estuda a produción do xornalista e político galego de principios do pasado século.

Acompañará ao autor, o escritor e crítico literario Vicente Araguas.



Xoves, 30

09:00 horas 
Xornada de traballo. Programa Formativo MÁIS SOCIAL da Fundación Barrié. Unha nova edición cuxo obxectivo segue sendo o apoiar o fortalecemento das capacidades de xestión das entidades do Terceiro Sector social agora tamén no ámbito nacional, coa participación dun total de 21 entidades, confederacións, federacións, redes ou similar de ámbito nacional.

Intervirán como relatores: Javier Martín  Cavanna (Profesor asociado no Instituto de Empresa na área de Responsabilidade Social Corporativa (RSC); Luís Carlos Perea (Consultor social e  formador experto especializado en  fundraising e comunicación dixital); Carlos Cortés (Director académico do Programa Formativo Más Social da Fundación Barrié desde o seu inicio en 2011); Pilar García de Viedma (Professional  Certified  Coach executivo e de equipos ( ICF); e Joan  Plans (Especialista en negociación e dirección de persoas. 

Para asistir, é preciso confirmar previamente en: ifuster@fbarrie.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario