OS SOCIALISTAS DE TOMIÑO PECHARON Á CAMPAÑA ELECTORAL EN GOIÁN
Cunha lembranza a Mario Rodríguez, Orlindo Oliveira e outros socialistas do Baixo Miño
Violeta De Santiago e seus compañeiros de candidatura, agradecendo o apoio da veciñanza
Socialistas de Tomiño
No día de onte como xa tiñamos comunicado, celebramos o mitin de peche de campaña no Auditorio de Goián, un acto que contou con momentos moi emotivos. Recordouse a Mario Rodríguez, ou a Orlindo Oliveira, que xa non están con nos, como a outros mais, socialistas do Baixo Miño. Tamén entregouselle unha placa a un referente socialista na comarca, un gran sindicalista do metal e que vai pechando a lista do PSdG-PSOE de Tomiño, Benito Pousa. A maiores agradeceuse a presenza dos veciños e veciñas de Goián e doutras parroquias de Tomiño.
Un mitin onde falaron Fernán, Leirós, Gael, Dolores, Marisol, Mirta e Violeta de Santiago, foise desgranando un pouco o programa que presentamos os Socialistas - co lema "Sempre cara adiante" - para os vindeiros catro anos para Tomiño. Un mitin cheo de democracia, honradez, transparencia, igualdade, preparación e moitas, moitas ganas de mellorar a calidade de tódolos veciños de Tomiño, sin recurrir para nada a descalificación, a soberbia e a burla cuando hai que dirixirse ó adversario político, cousa que outras organizacións non poden decilo mesmo. As urnas falarán o domingo e dirán que tipo de mandatarios queren para Tomiño.
Nós pedímoslle as veciñas e veciños que exerzan con liberdade ó seu dereito que tanto custou acadalo, e que moitas persoas loitaron por conquerilo.
Disfrutade dunha xornada de domingo que se verá mellor a través do Efecto Violeta. Saúde e Forza tomiñesas/es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario