7 de maio de 2019

OIA

Os socialistas de Oia presentan a súa candidatura ás Eleccións Municipais 

Este venres día 10 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Mougás



Infogauda / Oia

 Os Socialistas de Oia presentan este venres día 10 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Mougás, a súa candidatura ás Eleccións Municipais. 

 Neste evento intervirán a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o candidato á Alcaldía polo PSdeG-PSOE, Gerardo Rodríguez e será presentado pola número 2 da candidatura, Elena Álvarez. 

 Igualmente terá lugar a presentación dos dous vídeos de campaña elaborados polos membros da candidatura. 

 O 26 de maio vanse celebrar novas eleccións municipais ás que Gerardo Rodríguez se presenta como candidato para a Alcaldía de Oia polo PSdeG-PSOE. 

 "Estamos a piques de rematar unha lexislatura perdida, caracterizada por unha moción de censura que impediu levar adiante o cambio que o Concello demandaba e imposibilitou afrontar os graves problemas de Oia: saneamento, Talaso, Mosteiro,…", afirman os Socialistas de Oia. 

 Os Socialistas de Oia salientan igualmente: "A candidatura que encabeza Gerardo Rodríguez combina experiencia e xuventude, ofrece enerxía, esperanza e ilusión para que, dunha vez por todas, o noso concello saía do estancamento e escurantismo no que nos mantiveron os sucesivos gobernos do PP. 

 Oia non pode permitirse perder outros 4 anos nos que a xuventude siga a emigrar pola falta de oportunidades e que continúe o despoboamento do Concello (3.227 habitantes en xaneiro do 2009; 3.014 en xaneiro do 2019)".

Ningún comentario:

Publicar un comentario