XORNADA EMPRESARIAL DE AEGAMA: “INTELIXENCIA ARTIFICIAL E BIG DATA APLICADOS AO ECOMMERCE”
O acto, celebrado na Casa de Galicia, e ao que asistiron máis de medio centenar de profesionais, enmárcase na programación que a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid realiza para os seus asociados
De esq. a der., José Luis Martínez, Víctor Cortizo, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Isabel Noriega, Carolina Arroyo e Carlos Trujillo
Infogauda / Madrid
“INTELIXENCIA ARTIFICIAL E BIG DATA APLICADOS AO ECOMMERCE: Como seleccionar os produtos gañadores”, é o título da Xornada Empresarial que AEGAMA, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, celebrou onte na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para os seus socios e colaboradores. No acto, ao que asistiron máis de medio centenar de profesionais estivo presidida polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e nel interviñeron: Isabel Noriega, directora de AEGAMA; José Luis Martínez Arana, presidente de EMPRESARIO 2.0; Carlos Trujillo e Carolina Arroyo, ambos os vendedores en Amazon; e o avogado Víctor Cortizo.
Ónega felicitou a AEGAMA por esta iniciativa, “porque é importante adecuarse ás novas tecnoloxías. Así o aconsellan os datos. No terceiro trimestre de 2018 marcouse un fito: por primeira vez, o comercio electrónico medrou a un ritmo do 29,9% e superou a barreira de 10.000 millóns de euros en só tres meses, segundo a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC)”.
Para Isabel Noriega, “AEGAMA fai un importante esforzo para organizar este tipo de xornadas nas que participan empresarios de referencia compartindo as súas propias experiencias, pero é unha maneira de que todos saliamos beneficiados”.
Na mesa, de esq. a der.: José Luis Martínez, Víctor Cortizo, Isabel Noriega, Carlos Trujillo, Carolina Arroyo, e o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega
Máis de medio centenar de profesionais acudiron a Casa de Galicia para asistir a xornada de AEGAMA
Durante a tarde expuxéronse diversos relatorios sobre estes temas porque os datos demostran a importancia de estar inmerso nun sector que ofrece grandes oportunidades de negocio, así como a necesidade de manterse actualizado ante as novidades. É por iso que José Luis Martínez Arana, presidente e fundador de EMPRESARIO 2.0, expuxo no encontro “IA e BIG DATA aplicados no eCommerce: Como seleccionar os produtos gañadores”, o modelo de negocio que desenvolveu sobre a venda en Amazon, baseado no novo Método Reverse®. Explicou as claves para elixir os mellores produtos para vender en Amazon, os tips para iniciar unha tenda online no marketplace máis grande do mundo e as recomendacións para que as marcas se introduzan neste ámbito e incrementen as súas vendas. “Os vendedores independentes teñen en Amazon unha gran oportunidade porque ofrece a plataforma para chegar a todo o mundo aplicando Intelixencia Artificial”. Ademais, presentou o software que creou, “a primeira ferramenta no mundo que identifica os produtos máis demandados de internet, avalía aos fabricantes a nivel mundial e axuda a posicionar os artigos dos clientes para que aparezan nas primeiras posicións das primeiras páxinas de resultados”. Isto é algo que ata agora estaba só ao alcance de grandes empresas. Como exemplo, entre os seus clientes está unha empresa que está a vender algas galegas como produto gourmet en todo o mundo.
Carlos Trujillo e Carolina Arroyo, clientes de EMPRESARIO 2.0 e vendedores en Amazon, acudiron ao encontro para compartir a súa experiencia e a súa iniciación no apaixonante mundo do eCommerce. Eles conseguiron colocar unha marca de cosméticos que só se vende en Amazon e que está a ser un produto estrela. “Require un investimento moito menor que unha tenda física e os potenciais clientes están en calquera parte do mundo. Amazon encárgase dos envíos, o almacenaxe, as devolucións... de todo, é fascinante”.
Pola súa banda, Victor Cortizo, de Cortizo avogados, especialista en relacións comerciais con China e que acababa de chegar do país asiático no que tivo a oportunidade de coñecer o último en dixitalización de produtos, por exemplo os automóbiles sen condutor, ou a entrega con drons, fixo unha presentación dos temas legais referentes ás vendas por internet e a importancia dos Market Places en China.
Os relatorios concluíron cunha interesante rolda de preguntas dos asistentes, e un tempo para as relacións personais, ou como os empresarios din, networking.

Ningún comentario:
Publicar un comentario