8 de maio de 2019

GOIÁN

CINEMA

O CINE CLUB POLEIRO TRATA A INMIGRACIÓN COA PELÍCULA "WESTERN"

O xoves día 9 de maio, ás 21:30 horas, no Auditorio de Goián 

 Rita Alonso / Goián 

 "WESTERN", dirixida por Valeska Grisebach pecha o ciclo do Cineclub Poleiro este xoves 9 de maio ás 21:30 no Auditorio de Goián.    

 Unha coproduciónde 2017 de Alemania-Bulgaria-Austria sobre a inmigración. 

 Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemans que sentan campamento nunha localidade búlgara para levantar una presa. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.   

Premios 

2017: Festival de Cannes: Un Certain Regard (Sección oficial) 
2017: Festival de Mar del Plata: Mellor director 
2017: Festival de Sevilla: Premio Especial do Xurado
2017: Premios do Cine Alemán: 3ª Mellor película. 3 nominacións

 O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario