3 de maio de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Entre Amigos 

X Mostra de Fotografía Etnográfica das Socias e Socios do MPG

Sábado, 4 de maio, ás 13:30 no Museo do Pobo Galego, preséntase a X edición da Mostra de Fotografía Etnográfica de Socias e Socios, “Entre Amigos”


Feira de Santos de Monterroso, 2005
Foto: Xosé Manuel González Reboredo

Infogauda / Santiago de Compostela
  
 Mañá, sábado 4 de maio, o Museo do Pobo Galego celebra a súa Asemblea Xeral de Socias e Socios. Como ven sendo tónica, tras a Asemblea inaugurarase a exposición “Entre Amigos. X Mostra de Fotografía Etnográfica das Socias e Socios do MPG”. Este ano, ademais, co incentivo do Día das Letras Galegas 2019 dedicado a D. Antonio Fraguas Fraguas, director e presidente que foi desta casa. 

 A Oficina de Socias e Socios do MPG convidou, nesta edición ás fotógrafas e fotógrafos a que se centrasen sobre os temas que tratou D. Antonio nos seus traballos. Resultado deste esforzo colectivo son estes catorce traballos que se presentan, de variada temática e con ópticas moi diferentes. As feiras, o entroido, as paisaxes de Galicia, a iconografía e a relixiosidade, son algúns dos fíos condutores desta mostra. 

 As persoas participantes nesta edición son: Margarita Alborés Alborés, Carme Alborés Maceiras, Miguel Anxo Alvarellos, María Esteirán e Edita R. Oca, Denís Estévez Fernández, Xesús García Devesa, Clodio González Pérez, Xosé Manuel González Reboredo, Luís Martul Tobío, Xoán Xosé Molina Vázquez, Eduardo Otero Iglesias, Afonso Sestelo, Nolo Suárez e Mary Vega Cerqueiro. 

 O Museo do Pobo Galego agradece, pola súaa banda, ás/os fotógrafas e fotógrafos que fixeron posible este proxecto. 

AXENDA: Do sábado 4 de maio ao domingo 30 de xuño Horario: de martes a sábado, 10:30-14:00 e 16:00-19:30 domingos e festivos, 11:00-14:00

Ningún comentario:

Publicar un comentario