13 de maio de 2019

A GUARDA

ALUMNOS DO IES A SANGRIÑA FIXERON UN BOTE DE FOLLA DE LATA

Semellante os que facían fai máis de medio século, os rapaces do Barrio da Marina 


 O bote de folla de lata unha vez rematado

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A instancia da Asociación Cultural de Embarcacions Tradicionais Piueiro, e co asesoramento e a participación de Daniel Baz Alonso, alumnos dos departamentos de chapa-pintura e automoción, do IES A Sangriña de A Guarda, veñen de rematar á construcción dun bote feito con folla de lata. Dito así, semella que iso non ten importancia. E realmente téna, toda vez que dese xeito, recupérase unha tradición que houbo entre á mocidade do barrio guardés da Marina e tamén noutras vilas mariñeiras galegas.



 Ainda lembramos aquela época, nos anos 60 do pasado século, en que os rapaces andaban á procura de bidóns de aceite e logo do correspondente e necesario proceso constructivo - cunha "tecnoloxía" moi específica -,  para levar a bó termo ese tipo de embarcacions; facían súas primeiras singraduras no interior do porto de A Guarda, remando a carón das gamelas e doutras embarcacións de máis porte. 

 Eran outros tempos obviamente, e por suposto, menos doados que hoxendía. Máis iso non lles quita mérito ningún os alumnos do IES A Sangriña que coa súa iniciativa e coas súas mans e medios materiais, fixeron posible recuperar esa tradición mariñeira. 

 E ademais, queremos salientar que hoxendía, algúns daqueles rapaces de fai máis de medio século  - hoxendía mariñeiros en terra e venerables avós -, voltaron a pórse máns a obra, e seguendo á mesma técnica doutrora, construiron novos botes que levarán nas respectivas amuras os nomes que tiñan na súa primeira versión.

 Con motivo do Encontro de Embarcacions Tradicionais que celebraráse na Guarda no vindeiro mes de xullo, agardamos ter oportunidade de voltar a ollalos navegar polo porto como fai máis de medio século. Ata daquela, algúns veteranos constructores de botes xa fixeron os seus e podemos afirmar que feitas ás correspondentes probas de navegación,  os resultados son óptimos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario