Aberto prazo de inscrición para a excursión “visita ás Illas Ons e a localidade mariñeira de Bueu”
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que dende o día 6 e ata o 10 de maio, ábrese prazo de inscricións para a visita ás Illas Ons e a localidade mariñeira de Bueu.
A excursión terá lugar o domingo 9 de xuño e conta cun prezo único por persoa de 12€ con todo incluído (traslado en autocar, ruta en barco, visita guiada e comida de pícnic). E, ao igual que o ano pasado, cóntase con dous autobuses 108 prazas, polo que se prevé moi boa acollida por parte dos veciños e veciñas da comarca.
As inscricións faranse de maneira presencial nas instalación de Érguete Baixo Miño na Rúa Colón, nº 20 (Edificio O Pescador 1º piso) CP.: 36780 A Guarda. Daráselles preferencia ós/ás socios/as.
É o terceiro ano que Érguete Baixo Miño realiza este tipo de visitas lúdicas entre familiares e amizades desde unha perspectiva san, creando opcións de ocio e tempo libre dentro da prevención das condutas aditivas. Grazas a financiación da Deputación de Pontevedra e ao programa “En ruta coa Depo 2019” que ten como obxectivo mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais.
Para máis información, contactar por vía telefónica ao 986 61 44 07 e 640 086 376 ou por correo electrónico info@erguete.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario