15 de maio de 2019

A GUARDA

O Concello avanza na apertura da conexión entre a Rúa Baixo Muro e a Ría Ireira

Coa aprobación inicial da modificación puntual do PXOU  


Na imaxe podemos ollar o lugar por onde, unha vez realizadas ás obras necesarias, accederáse desde á Rúa Ireira a Rúa Baixo Miño, e viceversa
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa traballando para que a apertura da conxeción entre á Rúa Baixo Muro e á Rúa Ireira sexa unha realizade proximamente.  

 Dende fai anos o Concello traballa na procura da mellora da accesibilidade da Rúa Baixo Muro, na que se atopa a muralla medieval, un dos elementos patrimoniais característicos do casco histórico da vila.  

 En febreiro deste ano recibiuse, por parte da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a aprobación do informe ambiental estratéxico para a modificación puntual nº 5 do Plan Xeral de Ordenación Urbana(PXOU), que permitirá a conexión da Rúa Baixo Muro coa Rúa Ireira.  


Na parte central da imaxe obsérvase a edificación que haberá que derrubar para franquear á conexión entre ás Rúas Baixo Miño e Ireira

 O devandito informe permite continuar coa tramitación para que esta actuación sexa unha realidade, permitindo por unha banda, mellorar a accesibilidade desta zona do casco histórico, na que existen fortes desniveis con escaleiras, pondo en valor por outra banda, un elemento moi importante do patrimonio da vila da Guarda. Ademais esta actuación permitirá mellorar o acceso a unha boa parte da poboación á zona comercial.  

 Nesta actuación contémplase a expropiación de parte dunha parcela e o derrubo dunha edificación auxiliar para realizar a apertura.  

 No pleno extraordinario do pasado martes día 14 de maio aprobouse a modificación puntual do PXOU para a apertura da vía de conexión entre a Rúa Baixo Muro e a Rúa Ireira, tendo en conta criterios de accesibilidade, integración efectiva á rede viaria circundante e tamén protección do patrimonio, permitindo redebuxar un tramo da antiga muralla no tecido viario da vila.  

 Esta modificación puntual conta xa cos informes favorables dos servizos técnicos e xurídicos, así como do informe de intervención sobre a viabilidade económica da actuación proposta, do informe da secretaría municipal, e redactado o documento de suspensión o outorgamento de licencias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario