Beatriz Piñeiro acompaña a Fany Iglesias na recta final da campaña electoral
· A parlamentaria por Pontevedra, quixo estar este xoves coa candidata de Cs á alcaldía da Guarda
A parlamentaria Beatriz Piñeiro con Mª de Fátima Iglesias Ferreira (Fany) e membros da candidatura de Ciudadanos A Guarda
Infogauda / A Guarda
A parlamentaria por Pontevedra no Congreso dos Deputados, Beatriz Piñeiro, acompañou este xoves á candidata de Ciudadanos á alcaldía da Guarda, Mª de Fátima Iglesias Ferreira (Fany), e a membros desta candidatura en varios actos electorais por esta localidade.
O percorrido comezou na Alameda, seguiu na Praza de Abastos e acabaron visitando o porto. “Durante o percorrido, varios comerciantes mostraron as súas queixas e desesperación pola mala xestión que o goberno local está a levar a cabo coa obra de humanización da arteria principal do pobo, que o manteñen bloqueado desde o mes de setembro”, afirmou Mª de Fátima Iglesias.
Ciudadanos a Guarda terminará a súa campaña o venres pola tarde con varias actividades na Alameda da Guarda. Desde as 18:00 horas con inchables para os máis pequenos e peche ás 20:00 horas con intervención da candidata á Alcaldía e unha sardiñada para poñer punto e final a campaña electoral nesta localidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario