28 de maio de 2019

A GUARDA

Citas para a renovación do DNI na vila
Nos últimos meses de 2019  


 Infogauda / A Guarda

 O vindeiro luns día 3 de xuño de 2019 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes aos derradeiros meses de 2019.  

 A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses setembro, outubro, novembro e decembro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 3 de xuño de xeito presencial de 8:30h a 14:00h na Casa dos Alonso e a partires do 4 de xuño de xeito telefónico no 986 610 000 nas extensións 1 e 2.  

 Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario