12 de maio de 2019

A GUARDA

Con motivo do Día das Letras Galegas

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA HOMENAXEARÁ A JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ



Prezadas amigas, prezados amigos: 

 É unha honra para nós comunicarvos que na Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. celebrada o día 23 de abril de 2019, foi elexido Don José Luis Rodríguez Álvarez para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2019. 

 José Luis Rodríguez Álvarez naceu en Bueu en 1964. É enxeñeiro, profesor, músico tradicional e investgador de todo o relacionado co traxe e tecidos tradicionais galegos. 

 Foi secretario da Asociación do Traxe Galego de Santago e fundador das Asociacións do Traxe Tradicional de Pontevedra e da Asociación Etnográfca Sete Espadelas. É presidente e fundador da Asociación Cultural Os de Algures. Gañador de catro premios de investgación “Antonio Fraguas” convocados polo Concello de Santago e a Asociación do Traxe Galego. Como xastre conta no seu haber con vinte primeiros premios no concurso do Traxe Galego organizado anualmente en Santiago de Compostela. 

 Comisario de doce exposicións ao redor da indumentaria tradicional galega, destacando “Pintados con pincel, cosidos con agulla” no Museo de Pontevedra no ano 2015; exposición que acadou a importante cifra de 10.000 visitantes. Conta con mais de vinte e cinco cursos e obradoiros para a elaboración de pezas ou traxes tradicionais, impartndo técnicas de corte, confección e bordado. Comisario e organizador de catorce pasarelas e mostras de traxe tradicional, destacando “Sete varas, un refaixo” no Pazo da Deputación de Pontevedra, no Teatro Colón da Coruña e na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. 

 Poñente nunha ducia de conferencias ao redor da indumentaria tradicional galega ao longo de toda a xeografa do país. Director artstco de seis espectáculos músico teatrais de gran formato realizados con carácter anual no Teatro Principal de Pontevedra ao redor da cultura, música e danza tradicionais galegas. 

 O acto da homenaxe será o venres 31 de maio ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre José Luis Rodríguez Álvarez, David Quiñones Vázquez. 

 Como ven sendo tradicional, a A.C.G. entregará un libriño homenaxe aos asistentes ó acto. 

 Contaremos coa actuación do Grupo de Pandereteiras da A.C.G., dirixido por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e coa actuación da Coral Polifónica de A Guarda, dirixida por Rosa González. 

 A Guarda, 12 de maio de 2019

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario