Presentación da candidatura do Partido Popular á alcaldía da Guarda
Coa participación de Alberto Núñez Feijóo e Roberto José Álvarez Carrero
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 16, ás 21:00 h, no Hotel O Muiño (Praia de Camposancos - A Guarda), o Partido Popular da Guarda presenta oficialmente da man de Alberto Núñez Feijóo a candidatura completa á alcaldía da Guarda con Roberto José Álvarez Carrero á cabeza.
Segundo palabras de Roberto José Álvarez Carrero: “Expoñerase as liñas básicas do programa co que os populares esperamos recuperar o goberno local. Trátase dun proxecto novo e renovado que estamos a explicar día a día aos veciños para que A Guarda supere o estancamento, a parálise e a deterioración progresiva que sofre, desde hai anos, pola nefasta xestión do goberno socialista e dos seus socios. É un proxecto ambicioso e serio, real e centrado nos intereses e actuacións prioritarias para os veciños mediante o cal, os guardeses, recuperemos o orgullo e a ilusión polo noso pobo. A Guarda ten futuro se hai un cambio de goberno efectivo e serio. Ese cambio só o poden encabezar o noso equipo”.
Roberto José Álvarez Carrero e o Partido Popular da Guarda convida a todos os cidadáns, con independencia das súas ideas e adscrición política, a participar nesta presentación oficial. Salvo imprevistos, no acto de presentación do candidato, ademais de Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda Valenzuela e Roberto José Álvarez Carrero, intervirá Liliana Sofia Bouça da Silva, deputada da Assambleia da República Portuguesa e vereadora na Câmara Municipal de Caminha.
Ao termo da presentación servirán un viño da terra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario