29 de abr. de 2019

TUI

O BNG  ve na remontada un cambio de ciclo  que será decisivo para abrir un tempo novo en Tui  

O BNG de Tui agradece profundamente a confianza depositada  no seu proxecto  por parte da veciñanza tudense.  



Bloque Nacionalista Galego / Tui

 Nun escenario onde a polarización e o medo a ultradereita ocupaba o papel central da campaña eleitoral, o BNG en Tui conseguíu  acrecentar os seus resultados en máis de 330 votos. O Bloque Nacionalista Galego en Tui  quere transmitir as persoas que escolleron a papeleta nacionalista  que o seu é un voto de esperanza e dignidade.  

 Aínda que non nos sentimos satisfeitas  pola imposibilidade de conseguir a tan  ansiada representación en Madrid, é un feito contrastable que o proxecto BNG é cada vez máis forte e con máis empuxe para afrontar os retos electorais inmediatos. Contamos cunha organización mobilizada e con optimismo ao comprobar que a veciñanza volve ver no Bloque a forza capaz de abrir un tempo novo e construír un Tui mellor, desde un proxecto sólido.  

 Por iso nos compromentemos a duplicar, se cabe, os esforzos  para que nos vindeiros comicios eleitorais o BNG poida aumentar aínda máis a súa representación e lograr voltar governar o concello de Tui.  

 Agradecemos profundamente ás militantes e simpatizantes  todo o enorme traballo realizado nesta campaña, o seu traballo e entrega son a mellor garantía de éxito.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario