Alfonso Rueda lembra que o PP ten folla de servizos e balance de xestión eficaz tanto en Soutomaior como no conxunto de España
• O presidente provincial sitúa a Pablo Casado como única alternativa a Sánchez e chama a concentrar o voto no Partido Popular o 28 de abril. O resultado, elmbra, tamén terá incidencia nos concellos.
• A número un da provincia na lista ao Congreso, Ana Pastor, defende que os populares son un “valor seguro” para o emprego e a creación de oportunidades, destacando o seu proxecto de crecemento social e económico.
• Agustín Reguera presenta ás 22 persoas que concorrerán na súa lista na cita do 26 de maio.
Infogauda / Soutomaior
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, lembrou hoxe que o PP “ten folla de servizos e balance de xestión eficaz tanto en Soutomaior como no conxunto de España”, engadindo que o proxecto dos populares e o que mais lle convén tanto á provincia como a Galicia. “O que saia das urnas o 28 de abril vai ter moita incidencia tamén nos concellos”.
Durante un mitin celebrado na localidade pontevedresa, que tamén serviu de presentación da candidatura de Agustín Reguera, Rueda confiou en obter un magnífico resultado nas vindeiras dúas citas coas urnas, empezando pola do 28 de abril, nas que situou a Pablo Casado como “única alternativa” a Pedro Sánchez. Deste xeito chamou a concentrar o voto no Partido Popular, incidindo en que “todo o que non sexa votar ao PP é votar a Pedro Sánchez”.
O presidente provincial insistiu en que as eleccións do día 28 son “importantísimas”, xa que está en xogo o futuro da economía, do emprego, das pensións e dos proxectos que necesita este país, recalcaldo a importancia de apostar por unha marca “recoñecida e recoñecible” coma o PP. Un partido que “non é unha moda” e que sabe como hai que gobernar frente aos aventureiros ou os que só miran intereses particulares por riba dos común.
Durante a súa intervención, Rueda definiu os candidatos populares tanto ao Congreso como ao Senado como a mellor garantía para defender os intereses da provincia en Madrid. “Un equipo que combina a experiencia coa renovación, priorizando a representación territorial”, dixo, poñendo en valor a presencia de Ana Pastor como número un da lista á Cámara Baixa. “Un luxo para a provincia, que traballou sempre por Pontevedra. Non podíamos ter unha candidata mellor”.
Pola súa banda, Ana Pastor calificou ao Partido Popular como un “valor seguro” para a creación de emprego e oportunidades, destacando que presenta un proxecto de crecemento social e económico.
Finalmente, o candidato á Alcaldía de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou ás 22 persoas que o acompañarán na lista coa que concorrerá ás eleccións municipais, cuxa composición detállase a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario