25 de abr. de 2019

SALCEDA DE CASELAS

O PP DE SALCEDA PRESENTA UN EQUIPO COMPROMETIDO QUE UNE MOCIDADE E EXPERIENCIA E QUE REPRESENTA A TODAS AS PARROQUIAS  

O candidato popular á alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, asegura que a súa intención e “dar voz a todos os sectores da poboación e de todas as idades para representar á auténtica Salceda e ser eficientes para os veciños” porque “temos proxecto e é hora da Salceda con ilusión”  


 Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP á Alcaldía de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas 

 O PP de Salceda de Caselas fixo público o equipo que conforma a súa candidatura á Alcaldía, encabezado por Santiago Rodríguez Davila, quen asegura que se trata dunha lista que une “mocidade e experiencia” e composta por persoas formadas e “comprometidas co seu pobo”. Ademais, “entre as 23 persoas que a conforman hai representantes de todas as parroquias de Salceda porque, o contrario do que ocorre agora, somos un equipo que traballará para o centro urbano coa mesma intensidade que para as parroquias e quen mellor que os seus veciños para buscar solucións as súas necesidades”, explica Davila.   

 Outro dos obxectivos desta candidatura, a xuízo do seu candidato que asegura que “é hora da Salceda con ilusión”, foi dar voz a todos os sectores da poboación a través de veciños de Salceda de diferentes idades e situacións persoais, así “gobernaremos para todos porque teremos moi presentes as demandas das familias, dos mozos, dos nosos maiores e tamén dos diferentes sectores económicos e sociais que forman parte do día a día do noso pobo, en definitiva dos veciños de Salceda”.   

 Neste sentido, agradeceu a “xenerosidade” de todas aspersoas que lle acompañaron ao longo dos últimos catro anos, tanto formando parte da corporación local como tamén no comité local, por “confiar no meu proxecto e por manterse ao meu lado todo este tempo”.   

 Rodríguez Davila tamén recoñeceu a quen se integra por primeira vez na súa candidatura, son nove, o que significa unha renovación do 40%, deles, dentro dos dez primeiros postos van tres, e á súa vez, cinco persoas da candidatura van por vez primeira nos dez primeiros postos. Aínda que para o candidato popular “todos, independentemente do posto no que vaian, son igualmente importantes porque o que importa é o equipo e non o número, só así conseguiremos ser eficientes para os cidadáns”.     

 Lamenta o candidato o non poder incluír a moitos compañeiros do comité que se tiveron que quedar fóra da lista, “sinto moito non poder engadir a moitos outros compañeiros do comité local, xa que a lei non o permite, porque no PP salcedense temos un gran banco”.

             MEMBROS DA CANDIDATURA   
SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA, portavoz municipal, diputado provincial, empresario sector alimentación 
JOAQUÍN NÚÑEZ TRONCOSO, concelleiro, funcionario en Facenda Pública, presidente CCMM de Soutelo 
ANA CRISTINA PÉREZ CABALEIRO, presidenta NNXX Pontevedra, licenciada en Ciencias Políticas.
PRIMITIVO GONZÁLEZ SOUTO, concelleiro, inxenieiro de Minas, técnico en asistencia sanitaria. 
ÁNGELA VALCÁRCEL BERNÁRDEZ, concelleira, diplomada en Traballo Social. 
NOELIA PÉREZ DOMÍNGUEZ, diplomada en Maxisterio e Educación.
JOSÉ ANTONIO SANJUAN RAMALLO, inspector de buques. 
MANUEL ESTÉVEZ BURGO, funcionario de Obras Públicas. 
MANUEL GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, traballador sector Construcción.
YOLANDA CARRACEDO PÉREZ, licenciada en Administración e Dirección de Empresas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario