17 de abr. de 2019

SALCEDA DE CASELAS

O PP DE SALCEDA CONDENA O INCENDIO DA AULA DE A PICOÑA E ESPERA QUE DETEÑAN CANTO ANTES O RESPONSABLE O RESPONSABLES  

O candidato popular á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila, lamenta que “ocorran este tipo de tropelías” e espera que caia sobre o responsable o responsables “todo o peso da lei”  


Santiago Rodríguez  Davila, candidato do PP á alcaldía de Salceda

Infogauda / Salceda de Caselas

 O PP de Salceda de Caselas condena o incendio ocorrido nas últimas horas na aula unitaria de A Picoña, pertencente ao  CRA  Raíña Aragonta, e lamenta que “aínda existan persoas capaces de facer algo así”. Por este motivo, espera que se investigue en profundidade o ocorrido e que o responsable o responsables sexan detidos canto antes” para que sobre eles caia “todo o peso da lei”.      

 Para Santiago Rodríguez  Davila, candidato á alcaldía de Salceda, resulta “incomprensible” que alguén poida levar a cabo actos deste tipo cuxas vítimas son sempre os veciños, tanto aquelas familias que durante un tempo non poderán levar aos seus fillos á aula, como todos os  salcedenses porque a súa reconstrución e limpeza ten que asumirse con diñeiro público”.   

 “Desde o PP de Salceda poñémonos a disposición do goberno local e das familias usuarias para calquera cousa que poidan necesitar e esperamos que a aula de A Picoña volva abrir as súas portas canto antes”, desexa Rodríguez  Davila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario