17 de abr. de 2019

A GUARDA

Esgotadas as citas para a renovación do DNI na Guarda ata o mes de setembro  


 Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal informan que xa non quedan citas dispoñibles no noso concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) ata o mes de setembro de 2019.  

 A partir do mes de xuño informarase da apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses setembro, outubro, novembro e decembro, ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo. Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario