24 de abr. de 2019

PONTEVEDRA

ALFONSO RUEDA E ANA PASTOR REUNÍRONSE COS REPRESENTANTES DA FEDERACIÓN GALEGA DE CAZA
 

Ana Pastor e Alfonso Rueda na reunión cos representantes da Federación Galega de Caza

Infogauda / Pontevedra

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, xunto coa número un da lista dos populares da provincia ao Congreso, Ana Pastor, reuníronse esta semana en Pontevedra cos representantes da Federación Galega de Caza, co seu presidente, Javier Nogueira,  á cabeza.     

 No encontro, celebrado a petición da Federación Galega de Caza, Alfonso Rueda e Ana Pastor escoitaron as demandas que lles trasladoron os seus representantes, que reivindicaron a importancia desta actividade en Galicia, especialmente no rural, ademáis da súa aposta por unha caza sostible, responsable e respectuosa co medio ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario