Alfonso Rueda: “O proxecto do Partido Popular e o que mais lle convén tanto a Poio como ao conxunto de España”
• Afirma que os candidatos do PP son “o mellor equipo posible” para defender os intereses da provincia en Madrid e lembra que o que pase o domingo nas urnas terá moita incidencia nos concellos.
• Suliña que a única alternativa a Pedro Sánchez é votar a Pablo Casado e as súas “propostas serias” nas eleccións do 28 de abril.
• A número un na lista ao Congreso, Ana Pastor, lembra que o PP “ten folla de servizos acreditada” e ten “un proxecto de crecemento social e económico”.
• O candidato á Alcaldía, Ángel Moldes, asegura que Ana Pastor “é a mellor garantía para Poio”. “Votar por alguen distinto e votar por quen non coñece a localidade nin os seur problemas”, engadiu.
Infogauda / Poio
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, amosouse seguro de que o proxecto do PP “é o que mais lle convén tanto a Poio como ao conxunto de España” e lembrou que o que salga este domingo das urnas vai ter moita incidencia no día a día dos concellos. Por eso, durante a súa intervención nun mitin celebrado na localidade, chamou a concentrar o voto no Partido Popular nas eleccións do 28 de abril como a única alternativa a Pedro Sánchez, poñendo en valor aos candidatos populares, “o mellor equipo para defender tanto os intereses da provincia en Madrid como os de cada concello en particular”.
Deste xeito, destacou as “propostas serias” de Casado en materia de pensións, emprego ou fiscalidade, suliñando a importancia para Pontevedra de contar como número un na lista dos populares ao Congreso cunha “garantía” como Ana Pastor. “Unha persoa respetada por todos, que é un luxo para esta provincia”.
Alfonso Rueda destacou que o PP é un partido con experiencia de goberno, que sabe o que fai e que “non é unha moda”. “Un partido recoñecido e recoñecible, que non ven facer experimentos e que vai sair a gañar” tanto nos comicios xerais como nos municipais que se celebran o vindeiro 26 de maio.
Pola súa banda, Ana Pastor recalcou que o PP é un “valor seguro” para a creación de emprego e oportunidades, lembrando que “ten unha acreditada folla de servizos”, ademáis dun proxecto de crecemento social e económico.
Finalmente, o candidato á Alcaldía, Ángel Moldes, recalcou que Ana Pastor “é unha garantía para Poio”, engadindo que votar por alguén distinto o 28 de abril “sería votar a quen non coñece a localidade nin os seus problemas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario