4 de abr. de 2019

O ROSAL

O CONCELLO ORGANIZA CATRO SESIONS DE CONTACONTOS

Ilustrados de mulleres fortes a cargo dos artistas “Polo Correo do Vento”


Infogauda / O Rosal

 Os sábados 6, 13 e 27 de abril e o domingo 5 de maio haberá contacontos ilustrados de mulleres fortes a cargo dos artistas “Polo Correo do Vento”.  

 Os sábados de abril serán na Biblioteca Municipal e o 5 de maio na Plaza do Calvario xa que coincidirá coa Feira do Libro do Concello do Rosal.  

 O horario é as 12 da mañá e desde o executivo municipal esperan contar con moitos nenos e nenas e familias para desfrutar dunha mañá divertida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario