8 de abr. de 2019

MADRID

PREVISIÓN PARA O XOVES 11 DE ABRIL DE 2019 

NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 
  

Xoves, 11 
11:00 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación de RADIO CAMINO DE SANTIAGO, única marca rexistrada como radio especializada no Camiño de Santiago a nivel mundial con emisión 24 horas, creada en 2016, e referente no sector. Trátase dun medio de comunicación específico sobre o Camiño que promove entre as súas principais actuacións a investigación, promoción, divulgación, fomento do coñecemento e actividades de interese cultural para a preservación dos seus valores como patrimonio cultural e relixioso.  

 Radio Camino de Santiago  conta xa con preto de millón e medio de oíntes.  

 No acto intervirán: Ernesto Díaz  Sobremazas e  Nekane Soto Guerreiro, cofundadores e  codirectores de Radio Camino de Santiago, ademais do peregrino, xornalista e escritor, Fran Contreras Gil, colaborador habitual da emisora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario